O 8 de marzo comezaba con unha acción na Praza da Industria, mudando a apariencia habitual da praza, con fotos de mulleres no traballo, e tecido morado eunha faixa contra o simbolismo da estatua da praza.
O venres 22 de febreiro desde ás dez da mañá comezaba unha xornada de reivindicación e visibilización dos dereitos das redeiras, que desde distintos portos de Galiza chegaron a Vigo para reclamar medidas para rematar co traballo ilegal deste oficio, que xa supón un 67%, e que dana gravemente ao sector.
Un grupo de xentes de Vigo achegáronse no primeiro día de vida do Centro Comercial A Laxe a súa oposición a este novo ataque á ría de Vigo, e ao propio casco vello de Vigo. Tamén crititicaron o consumismo e a hipocrisia de datas como a de San Valentín.
A recuperación da figura do merdeiro marcou un ano máis o entroido na ribeira do Berbés e na zona vella de Vigo, que estivo acompañada de moitas máis cousas, do que unha pequena mostra é esta peza.
O ultimo xoves de novembro tivo lugar unha nova actuación e concerto na Revolta, desta vez da mán do grupo da comarca de Compostela "Som do Galpom". Aqui queda unha pequena mostra do que foi esa noite.
Video sobre a Comisión de Língua do centro social de Vigo A Revolta e as súas I Xornadas de Formación "Língua e Sociedade"
A noite do 31 de outubro recolliase a tradición do Samain, desde o casco vello de Vigo. Ademais no centro social A Revolta tiña lugar un concerto de música rumana. De todo isto é un pequeno resumo esta peza audiovisual.
O profesorado da Escola de Artes e Oficios levaba traballando ao borde da ilegalidade moitos anos, con contratos dun ano e logo ao paro durante moitos moitos anos. Agora, no lugar de remediar a precariedade destes profesores que teñen máis de 300 alumnos e alumnas, o concello de Vigo irresponsabelmente deixou sen profesorado a este centro. O alumnado, de moi diversas idades e artes, convocou unha concentración musical para facerlle fronte e demandar que se teña en conta a súa voz, o comezo das...
Concentración por Diego Viña Castro, o día 12 de Outubro de 2007, diante da Nova Igrexa de Arteixo e despois na Subdelegación de Goberno na Coruña Mentres a Garda Civil celebra o día da súa patrona, a Comisión de Denuncia de Galiza, a familia, as amigas e amigos de Diego Viña fixeron acto de presencia para lembrarlle a toda o corpo da Garda Civil que o caso de Diego Viña segue sen estar resolto...