Mobilización en solidariedade coas traballadoras da Cruz Vermella Ás 12.30 da mañá delegadas e delegados da comarca de Vigo da CIG achegábanse até o...
Mobilización en solidariedade coas traballadoras da Cruz Vermella Ás 12.30 da mañá delegadas e delegados da comarca de Vigo da CIG achegábanse até o hospital da Cruz Vermella en Vigo, situado na Rúa Cánovas del Castillo, onde estaba convocada unha concentración de apoio á loita contra o peche da hospital desta suposta ONG benéfica na cidade olívica, tanto pola destrución de 70 postos de traballo, asi como pola perda de atención sanitaria que suporía a perda de 69 camas. María José Comesaña, delegada da CIG no Comité de Empresa da Cruz Vermella, daba conta nesta mobilización ante os medios de comunicación a situación terríbel que están a vivir co desmantelamento deste hospital antes de que se aprobe nin tan sequera o ERE de extinción, co peche de plantas traslado de mobiliario, e traslado de pacientes, ficando neste centro sanitario xa só 19 pacientes. Ademais salientaba a difícil situación na que quedan estas traballadoras, pois moitas delas son xa maiores e levan máis de 30 anos na Cruz Vermella, e non todas son enfermeiras ou médicas, cunha maior saída laboral, xa que tamén hai limpadoras ou cociñeiras de avanzada idade, que teñen moi complicado encontrar traballo nestes momentos.Fonte: CIG
Less
We keep track of your subscriptions through your Facebook account. No additional registration required.
Nothing will be posted to Facebook without your explicit permission.