Con motivo da I Mostra das Tradicións Mariñeiras da Guarda realizouse este filme no que se recollen testimuñas de persoas vinculadas ao mundo do mar. Estes homes e mulleres cóntanos as súas vivencias en primeira persoa, permitindo que nos fagamos unha idea de como era a vida nun porto de mar durante o século XX.