Presidente do Partido Nacionalista Peruano, acadou nas pasadas eleicións en Perú seis millóns de votos, un 47%Discurso de Ollanto Humala no 11º Seminario organizado en México polo PTPenduramos a intervención de Ollanto Humala Tasso, presidente do Partido Nacionalista Peruano, feita no 11º Seminario organizado polo ‘Partido del Trabajo’ de México, por entendérmonos que é de moito interese dado o pouco coñecemento que existe na Galiza sobre a súa traxectoria e obxectivos políticos.
A protesta foi convocada por organizacións políticas, sociais e sindicais, entre as que estaba o Sindicato Mexicano de ElectricistasManifestacións contra Bush en MéxicoTanto en Mérida como en cidade de México houbo o martes 13 mobilizacións contra a visita do presidente norteamericano George Bush. Na capital de México manifestáronse varios miles de persoas que se dirixiron pola rúa Reforma ate a Embaixada norteamericana, diante da que se concentraron durante varias horas.
Os traballadores/as non desisten e permanecerán neste céntrico lugar até o 27 de maioA policía desaloxa pola forza a acampada dos funcionarios/as coruñeses no ObeliscoPouco antes da unha da madrugada do 13 de marzo, efectivos da Unidade de Intervención Policial da policía española, acompañados por axentes da policía local coruñesa, desaloxaron pola forza aos funcionarios/as municipais que levaban desde a tarde do día anterior acampados no Obelisco.
A central nacionalista insta á Consellaría de Traballo a que constitúa unha mesa de negociación coa empresa e mais os sindicatosA CIG denuncia a carga contra os traballadores/as de Atento e esixe a dimisión da subdelegada do GobernoA CIG esixe a dimisión inmediata da subdelegada do Goberno español, Obdulia Taboadela, como responsábel da carga policial do 15 de marzo contra os traballadores/as de Atento, que se manifestaban en solidariedade cos 179 compañeiros/as despedidos o día anterior pola ...
A central nacionalista insta á Consellaría de Traballo a que constitúa unha mesa de negociación coa empresa e mais os sindicatosA CIG denuncia a carga contra os traballadores/as de Atento e esixe a dimisión da subdelegada do GobernoA CIG esixe a dimisión inmediata da subdelegada do Goberno español, Obdulia Taboadela, como responsábel da carga policial do 15 de marzo contra os traballadores/as de Atento, que se manifestaban en solidariedade cos 179 compañeiros/as despedidos o día anterior pola ...
O alcalde regresaba dunha viaxe por América LatinaAs traballadoras do servizo de limpeza do Concello de Santiago demandan solucións a Bugallo no aeroportoO pasado martes 27 de marzo, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, foi recibido no aeroporto de Lavacolla polas traballadoras do servizo de limpeza do Concello, en folga desde hai xa 58 días.
En Vigo máis de 1.000 persoas saen ás rúasNovas mobilizacións e folga pola carreira profesionalO 13 de abril estaba convocada unha nova folga no Sergas e xornada de mobilización por unha carreira profesional digna para todo o persoal, xa que na actualidade se está a negociar a carreira profesional, método de avaliación e incentivo do traballo de técnicos superiores sanitarios, auxiliares de enfermería e todo o persoal non sanitario (celadores, administrativos, pinches...).
Celebrarase unha asemblea para fixar un novo calendario de mobilizaciónsOs traballadores das auxiliares da minaría do carbón levan a Compostela as súas demandasOs traballadores das auxiliares do carbón concentráronse na mañá do xoves día 19 de abril diante das dependencias da Xunta de Galiza, en Santiago de Compostela, para demandar que se recoñeza o seu dereito a seren recolocados ou prexubilados unha vez remate a actividade das minas.
En Vigo houbo manifestación e ocupación da Delegación do SergasMobilización e convocatoria de folga xeral o xoves 26 pola carreira profesional xustaEste venres volveron as mobilizacións na sanidade pública pola carreira profesional, con paros de 12:00 a 18:00 horas e concentracións e manifestacións en todo o país. O martes está convocada a Mesa Sectorial para abordar a negociación e de non haber avances unha folga xeral para o día 26.
Máis de 4.500 traballadoras e traballadores saíron ás rúasNovo éxito da folga xeral pola carreira profesional en toda GalizaEste xoves tiña lugar unha nova mobilización por unha carreira profesional non discriminatoria para os técnicos superiores sanitarios e o persoal non sanitario. O obxectivo era acadar un maior número de traballadores/as que na folga xeral do 29 e na manifestación de Compostela. Cumpriron o obxectivo con máis de 4.500 traballadores/as esta vez.