"Leo e as estrelas" é un xogo de sombras que ten como obxectivo achegar a ciencia da astronomía a educación primaria, converténdose unha oportunidade única para ensinar os conceptos básicos da astronomía. A idea xorde da colaboración entre a Asociación de Animación e a empresa Altega, con motivo do Ano Internacional da Astronomía 2009. O teatro de sombras consiste en empregar sombras dinámicas sobre fondos proxectados, dando vida a figuras mediante a orixinalidade do guión. Esta mostra está orientada o publico infantil (para os nenos e nenas de 5 a 10 anos) para que capte a atención mediante unha historia de aventura, dinamismo e constante interacción co público.